En portadaÚltima hora

María Santos Rodríguez, nova subdirectora de Enfermería do Distrito Sanitario de Valdeorras

Nada na Rúa, con praza como persoal estatutario fixo como enfermeira desde 2008 por oposición, a súa carreira profesional está vencellada desde moi pronto ao Hospital Público de Valdeorras

Publicidade
María Santos Rodríguez, subdirectora de enfermería do Distrito Sanitario de Valdeorras,

 

María Santos Rodríguez vén de ser nomeada subdirectora de Enfermería do Distrito Sanitario de Valdeorras, tomando o relevo de Ana Prieto Blanco, nova directora de Enfermería do Complexo Asistencial Universitario de León, e coa que traballou como supervisora de Enfermería das áreas de laboratorio, oncoloxía e radioloxía, asumindo tamén co inicio da pandemia o Covid Auto e os traslados.

Nada na Rúa, con praza como persoal estatutario fixo como enfermeira desde 2008 por oposición, a súa carreira profesional está vencellada desde moi pronto ao Hospital Público de Valdeorras, onde traballa de xeito prácticamente continuado desde 2001, tras un período no Hospital do Bierzo, e previamente no Hospital Universitario de Ourense e en atención primaria,onde exerceu en distintos centros de saúde de Valdeorras.

Previamente a facerse cargo da supervisión de enfermería, en 2014, a súa experiencia profesional vai da man da área médica, na planta laranxa, que hoxe acolle cirurxía, obstetricia epediatría, hai uns anos dedicada case integramente ao ingreso de pacientes de medicina interna. Diplomada en Enfermería pola Universidade de Vigo en 1998, posúe unha amplísima formación nas distintas áreas de coidados, con cursos especializados de Coidados Paliativos, de Enfermería Maternal, e de Enfermería Médico-Cirúrxica, así como asistencia a numerosos cursos e obradoiros desde a atención oncolóxica, á pediátrica, cirúrxica, saúde mental, urxencias, coidados e curas, fármacos, problemas renais, coronarios, vasculares, neurolóxicos, violencia de xénero, pediatría e un longo etcétera.

A súa formación tamén abrangue aspectos máis relacionados coa xestión, a calidade e a seguridade dos servizos de enfermería hospitalario e de atención primaria con cursos acreditados de Xestión Enfermeira de Calidade; de Xestión dos Servizos de Enfermería, ou de Ética, Lexislación e Administración dos Servizos de Enfermería.

Artigos relacionados

Back to top button