CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Maridaxes no solpor en Xunqueira de Espadanedo, o 18 de agosto

Cartel desta actividade.

Música, viño e gastronomía fúndense nesta fin de semana en Xunqueira de Espadanedo. O sábado 18 de agosto ás 20h. ofrecerase un concerto de música medieval “Cantigas de Santa María. Alfonso X o Sabio” na igrexa medieval do mosteiro cisterciense de Santa María.

“Resonet, un dos mellores grupos de Música Antiga, será o responsable da posta en escena dunha das xoias da música medieval galega”, sinalan dende a organización. O concerto está aberto ao público en xeral ata completar aforo.

Tras a actuación haberá maridaxes de produtos da Ribeira Sacran no Claustro Regular: Viño (Adega Vella), queixos (Touza Vella) e marmeladas de Ribeira Sacra (A sazón). As entradas para as maridaxes no Claustro Regular están esgotadas.

Artigos relacionados

Back to top button