A OU-701 é unha estrada de montaña, polo que “non se pode converter nunha estrada de alta capacidade polo complicado do terreo” aseguraba a deputada ourensá do PP Marta Nóvoa na Comisión de Infraestruturas do Parlamento galego, celebrada o 17 de xaneiro. A parlamentaria respostaba á deste xeito ao deputado de En Marea Davide Rodríguez, quen pedía a transferencia desta vía á Xunta de Galicia.
Nóvoa sinalaba tamén que a Deputación de Ourense ten previsto realizar obras de acondicionamento da estrada OU-701, xunto coa que une Manzaneda con Trives, por importe de 120.000 euros. “Trátase dunha estrada competencia da Deputación e na que regularmente fai traballos de mantemento”, apuntou.
Tamén lembraba que a Deputación de Ourense ten previsto realizar obras de acondicionamento da OU-701, xunto coa que une Manzaneda con Trives, por importe de 120.000 euros. “Trátase dunha estrada competencia da Deputación e na que regularmente fai traballos de mantemento”, apuntaba.
Nóvoa tamén indicaba “a comunicación entre os núcleos de Viana do Bolo e A Pobra de Trives xa se pode realizar empregando a rede de titularidade autonómica, que comprende as estradas OU-533 e OU-636, continuando as comunicacións da Pobra de Trives con Ourense a través da estrada OU-536, das que a Axencia Galega de Infraestruturas ten encomendada a súa xestión e conservación”.