O polideportivo de San Xoán de Río convertíase no mediodía deste 25 de xullo en escenario dunha masterclass de bodycombat, un programa de adestramento grupal de tipo cardioavascular.
Estaba impartido polo trivés Marcos Rodríguez Moreiras, futbolista internacional que defendeu a camiseta de España nas seleccións sub-16 e sub-18. Comezou aos seis anos no equipo do seu Trives natal, desde onde deu o salto ao Deportivo da Coruña, conxunto no que estivo sete tempadas, logrando o ascenso á Segunda B. Desde A Coruña foise ao conxunto ibicenco do Santa Eulalia e logo pasou polo Lemos, o Ordes, o Somozas e o Bergantiños.
Esta actividade forma parte do programa deportivo e cultural promovido dende o Concello de San Xoán de Río.