DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

Mati, alevín do Tres Cuñados FS, campión galego de seleccións comarcais de fútbol sala con Ourense

A selección ourensá vencía 5-4 á de Lugo cun gol do xogador barquense

 

Coma se dun agasallo de Papá Noel se tratara, co título de campión galego de seleccións comarcais de fútbol sala con Ourense volvía Matías Núñez Tato, alevín do Pizarras Tres Cuñados FS, do campionato cuxa final se disputaba na tarde deste luns 23 de decembro nas Pontes.

 

 

O equipo do que formaba parte Mati estaba encadrado na zona sur con Vigo, Pontevedra e Santiago, aos que gañaba na fase previa 2-1, 3-2 e 2-0, respectivamente.

 

 

A semifinal celebrábase esta mañá contra a selección de Ferrol á que vencía 3-1; e a gran final, xa de tarde contra a de Lugo á que os ourensáns superaban 5-4, un dos goles do propio Mati.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button