Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

Medio cento de atletas de toda Galicia compiten no Barco no Trail de Outono

 

En torno ás 9:30 horas deste sábado 12 de novembro comezaba no Malecón do Barco de Valdeorras, á beira do río Sil, a 16ª edición do Trail de Outono organizado polo Club Peña Trevinca Barco en colaboración co Concello e a Federación Galega de Montañismo, na que participaban uns 50 atletas chegados dende diferentes partes de Galicia.

 

 

Os primeiros en saír eran os participantes no trail longo duns 27 km que levou aos corredores por lugares como Vales, Cesures, Fervenza, Meiral, Santa Mariña  Santigoso, Alixo ou Viloira. Media hora despois saían os do trail curto, duns 17 km.

A meta tiña luga no mesmo punto de saída, no malecón barquense onde se celebrará tamén o xantar. Incluída no calendario de Carreiras por Montaña, a proba do Barco contou con xuíces da federación galega así como coa colaboración de varias agrupacións de voluntarios de Protección Civil.

 

 

Con respecto aos resultados, no trail oficial o primeiro en entrar en meta era Luis García Iglesias (Running para todos O Barco) cun tempo de 2:29:27; segundo era Jesús Rodríguez León (Fluvial O Barco) cun tempo de 2:38:35; e terceiro José Antonio Voces Vega (Traileros Toxos Monforte) cun tempo de 2:50:40.

No trail curto, o primeiro clasificado era Raúl Delgado Cereijido (Trail Running SP Cuntis) cun tempo de 1:25:39, o segundo Alfredo Núñez Velasco (CDM Alto Sil Cacabelos) cun tempo de 1:31:10 e o terceiro Javi San Miguel Bodelón (Bierzo todo depo A Coruña) cun tempo de 1:31:13.

No que atinxe á categoría feminina, no trail curto a primeira en chegar á meta era Esther Márquez (Running para todos O Barco) cun tempo de 1:44:49, seguida por Lorena Vázquez (La Despensa de F. Chantada) cun tempo de 2:08:53 e María Luisa Bonilla (La Reina Trail Santiago) cun tempo de 2:31:31. No trail longo a primeira muller era Ana Belén Rubio (Gistredo León) cun tempo de 3:52:46.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button