A RúaConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeosVilamartín

Medio cento de clásicos pola comarca de Valdeorras

A II Ruta Valdeorras Classic saía de Ribas de Sil e chegaba ao Barco na mañá deste domingo 24 de outubro

 

En torno ás dez da mañá deste domingo 24 de outubro, saían dende San Clodio (concello de Ribas de Sil), o medio cento de coches clásicos que participan na II Ruta Valdeorras Classic organizada de forma conxunta pola Escudería Clásicos Ourense e Clásicos Valdeorras. Rolls-Royce, Porsche, Mercedes-Benz, Alfa Romeo, Aston Martin, Bugatti, BMW, Ferrari, Jaguar, Maserati, Ford, Lamborghini, Bentley Motors, Audi,… Auténticas xoias do motor chegadas dende diferentes partes de Galicia e tamén da provincia de León e mesmo Portugal, que percorrían un tramo do Camiño de Inverno.

O primeiro reagrupamento tiña lugar no Pazo do Sil, pasando polo centro da Rúa rumbo ao concello de Vilamartín onde permanecían os coches para desfrute dos veciños que se achegaban ata a praza velos. O segundo reagrupamento era xa no Paseo do Malecón, no Barco de Valdeorras onde se expoñían os coches ata saír de novo rumbo ao Paladium, en Vilamartín, onde tiña lugar o xantar do rallye con parque pechado e entrega de recordos.

 

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button