Andainas-Trails-OrientaciónDeportesEn portadaÚltima horaVídeos

Medio cento de persoas estrean a ruta ambiental “Vales Glaciares” de Manzaneda

Trátase dun percorrido circular duns 20 m con saída e meta na estación de montaña

 

Dende a Estación Invernal de Manzaneda, en concreto dende a zona do telecadeira, partían as dez da mañá deste domingo 26 de marzo os participantes no traxecto inaugural da ruta ambiental “Vales Glaciares de Manzaneda”. Antes escoitaban as explicacións do guía e tamén recibían a benvida do alcalde de Manzaneda, Amable Fernández.

 

 

 

 

Despois comezaban unha marcha duns 20 km e percorrido circular, que se estima se completará arredor das 17h. tamén na estación de montaña. Ao longo deste traxecto pódense contemplar e interpretar os valores naturais, ambientais, paisaxísticos e culturais da Rede Natura 2000 das área de montaña Macizo Central.

 

 

 

Atravesando os vales glaciares de Prada (aldea abandonada de Prada) e Aguilladas (Lagoa grande) e con derivación a antigo campamento romano. No decurso do percorrido tamén se poden atopar os tradicionais curros dos pastores na serra e as torricelas que utilizan para guiarse pola serra.

Así, pasadas as 12h. os participantes facían unha paradiña para repoñer forzas xunto ao Curro de Palleirós, na Mosenda.

 

 

Se ben a dificultade do trazado é media-alta, este conta cun percorrido esixente dende o punto de vista físico que require posuír unha preparación física axeitada a este tipo de rutas. O Concello de Manzaneda, coa colaboración da Estación de Montaña de Manzaneda e Celtia Travel-Xeitura, organizaba esta ruta con guías intérpretes titulados. Ademais cóntase coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Manzaneda e de Viana do Bolo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button