A RúaConcellosO Barco

Medio cento de persoas percorren o Camiño de Inverno entre O Barco e A Rúa nunha xornada para camiñar e descubrir

Organizada pola Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago inclúe visita ás covas de Vilamartín e pícnic

 

Pouco antes das dez da mañá deste sábado 3 de outubro, partía dende O Barco de Valdeorras a ruta a pé de 12,65 quilómetros ata A Rúa polo Camiño de Inverno. Medio cento de persoas de diferentes puntos de Galicia, incluído por suposto Valdeorras, e acompañados por dous guías (un por autobus), participaban nesta iniciativa organizada pola Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago (AMCI).

 

 

“Vémonos no Camiño”, está pensada como unha xornada para camiñar e descubrir, de aí que inclúa unha  visita ás Covas de Vilamartín de Valdeorras, pícnic e degustación, onde rematará arredor das catro da tarde. A esa hora e dende ese punto partirán os autobuses de regreso: un dirixirase ao Barco, Chantada e Lalín, e o outro a Monforte e Pantón.

 

 

O programa continuará en outubro e novembro

Tras esta primeira saída, o programa continuará o 17 de outubro cunha ruta entre Pantón e Belesar e unha visita ao Mosteiro do Divino Salvador de Ferreira de Pantón. A terceira xornada está prevista para o 7 de novembro, cunha andaina entre Bandeira e Ponte Ulla e unha visita ao Pazo de Oca.

 

 

Fotos: O SIL.

Back to top button