ConcellosÚltima hora

Medio Rural autorizará dende o 28 de novembro as queimas agrícolas

A Consellería do Medio Rural toma esta decisión pola “diminución do risco de incendios forestais por condicións meteorolóxicas”

A partir de mañá martes, día 28, poderán voler a tramitarse permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, “debido á diminución do risco de incendios forestais por condicións meteorolóxicas”, segundo se informa de a Consellería do Medio Rural. Isto significa que o xoves 30 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas. “A prohibición de queimas de restos agrícolas e forestais prolongouse ata o de agora debido á climatoloxía adversa”, matizan dende este departamento autonómico.

Dende mañá poderán realizarse as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través do teléfono 012, do centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia, dacordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. “En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas”, aseguran dende a consellería.

Artigos relacionados

Back to top button