EconomíaEconomíaÚltima hora

Medio Rural e apicultores abordan o problema da vespa velutina

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias reuníase coa Asociación Galega de Apicultores (AGA) para analizar as liñas de cooperación abertas nesta problemática
a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuniuse cos responsables da Asociación Galega de Apicultores (AGA).

Entre 2015 e 2016 a Consellería do Medio Rural entregaba máis de 5.000 trampas e botes de líquido atraente aos apicultores dos concellos afectados pola vespa velutina. Con esta medida búscase atrapar ás raíñas deste insecto tras a súa hibernación. E cada raíña capturada supón un niño menos na tempada seguinte.

Esta é unha das accións que está levando a cabo Medio Rural para reforzar o traballo de vixilancia e control da vespa velutina en coordinación cos concellos e demais colectivos afectados por este insecto invasor, especialmente os apicultores. Co fin de afondar nestas medidas de colaboración abertas nesta materia a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuníase cos responsables da Asociación Galega de Apicultores (AGA), o 3 de decembro.

Nesta xuntanza de traballo avanzábase asemade na coordinación en retirada de niños de velutina, valorándose por parte da Consellería a colaboración das asociacións apícolas nestas tarefas, para o que se lle facilitaron, por parte da Xunta, os correspondentes equipos de protección individual.

En relación con estes traballos, a directora xeral insistiu en facer un “chamamento á responsabilidade cidadá para que as actuacións se deixen en mans de profesionais”. Trátase de evitar posibles accidentes por picaduras e, ao tempo, que se retiren por error niños de vespas autóctonas, que contribúen a loitar contra a velutina, xa que lle disputan o espazo a esta especie invasora.

Ademais, os responsables de AGA e a directora xeral abordaron outras cuestións de interese para este colectivo, como son as axudas previstas dentro do plan apícola nacional (en particular no que atinxe á loita contra a varroase) e as posibilidades de colaboración, por parte desta asociación, coa propia Xunta e coas universidades galegas nos traballos de investigación sobre a velutina.

Artigos relacionados

Back to top button