ConcellosRubiáÚltima horaVídeos

Mega parque de inchábeis no pavillón de Rubiá para celebrar a Festa de Fin de Curso

 

Metros e metros de salto e diversión espéranlles mañá día 21 de xuño aos alumnos do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá para celebrar a Festa de Fin de Curso. “Máis de tres horas nas que despedirán o curso escolar. Moitos nervios e emocións destes últimos días estarán mañá presentes no pavillón, no cal nos seus exteriores gozaremos dun final de festa como se merece cunha gran festa de escuma de cores, música animación e nos que quedarán inmortalizados en vídeo a vista de dron”, explica o responsable de Ocio Eventos, José Francisco Rodríguez.

 

 

 

El mesmo asegura que despois de facer, como lle chaman eles, un “Mini Circuíto Fin de Curso”, pasando por máis de 12 colexios nos últimos 15 días (Ponferrada, Astorga, O Bolo, Tui, Cans…) facendo uns cantos quilómetros e madrugones, están encantados de terminar en Rubiá, onde os tratab como en casa. “Sempre agradecendo o gran traballo e esforzo que fan colexios e anpas para que todo salga á perfección. Para nós é unha gran satisfacción o pasar xunto a eles estes últimos días doutro curso escolar”, asegura.

Artigos relacionados

Back to top button