ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Melchor, Gaspar e Baltasar reparten ilusión e caramelos por unhas concorridas rúas do Barco

 

Numerosos nenos acompañados das súas mais e pais achegábanse xa ás 18h. desta tarde ata a Estación de Autobuses do Barco para recibir aos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar. Chegaban a este punto da vila en bus, tras percorrer diversos puntos do municipio, e alí subíanse ás súas respectivas carrozas (que contaban con animación musical), acompañados polos seus paixes e algúns nenos.

A partir de aí, a comitiva, encabezada por un vehículo da Policía Local, dirixíanse á avenida Conde Fenosa (cortada ao tráfico con motivo do desfile) para enfiar cara á praza do Concello do Barco, repartindo ao seu paso saúdos e moitos caramelos entre a multitude de persoas de todas as idades que seguía á cabalgata nas rúas.

 

 

Unha vez chegaban ao Concello, os Reis Magos baixaban e dirixíanse cara á antiga casa consistorial onde eran recibicos polo alcalde e lle dirixían unhas palabras aos máis pequenos, dándolle ademais algún que outro consello para esta noite tan especial na que visitarán cada unha das súas casas.

Durante o percorrido contábase coa colaboración da Policía Local do Barco, do GES Valdeorras e de Protección Civil.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos

Os Reis Magos xa percorren O Barco

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button