ConcellosManzanedaÚltima hora

Melloras na pavimentación do patio lateral dereito do CEIP Manzaneda

 

Estanse a realizar obras de mellora no patio lateral dereito do CEIP de Manzaneda. Así, a instancia do Concello de Manzaneda e con cargo ao Plan financieiro de investimentos de adecuación e mantemento de colexios da Consellería de Educación, estase a executar a obra de mellora dos 1600 m2 deste patio.

A intervención inclúe a mellora da pavimentación con nova soleira armada de formigón semipulido. O resultado será un pavimento adecuado ás necesidades de seguridade de utilización e antiesvaramento dos cativos; “así como un amplo abano de posibilidades multifuncionais tanto non espazo exterior do colexio e como do polideportivo municipal”, segundo o Concello de Manzaneda.

 

 

Ademais dende o Concello de Manzaneda agradécese a implicación da Consellería de Educación nesta obra de mellora. “Os pequenos concellos rurais precisamos de proxectos de cooperación entre diferentes administracións para a contribución, entre outros aspectos, ao reto demográfico ou ao das novas funcionalidades de infraestruturas que se poden xerar no noso territorio”, sinalan dende esta administración.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button