DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Membros do Peña Trevinca Barco, entre os mellores da liga galega de orientación a pé

Eros Mata foi segundo en sénior masculino, Alba Osorio terceira en F-16 e Marcos Álvarez terceiro en sénior marculino

Preto de 300 deportistas de toda Galicia, 24 deles ourensáns (7 equipos do Club Peña Trevinca Barco e 1 da U.D. Limiactiva) participaron no campionato galego de relevos de orientación disputado o sábado 3 de decembro na Coruña.

Entre os resultados máis destacados dos ourensáns cabe destacar o 5º posto en infantil logrado polo equipo 3Vikids formado por Esther e Juan Pablo Agudo xunco con Yurena Rios; o 9º posto en veteranos B do equipo Troyanos formado por José Luis Mata, María Sol Míguez e Pablo Adrián Aller; o 10º posto en veteranos A logrado polo equipo 3Vink-O formado por Eva Calvelo, Alberto Camba e José Antonio Agudo; e o 11º posto en sénior conseguido polo equipo Rumbo Norte formado por Eros Mata, Xan Trigo e Alba Osorio.

No mesmo acto entregábanse os premios anuais das distintas ligas de orientación, destacando os conseguidos por tres membros do Club Peña Trevinca Barco en orientación a pé: Eros Mata segundo en sénior masculino, Alba Osorio terceira en F-16 e Marcos Álvarez terceiro en sénior marculino.

Artigos relacionados

Back to top button