CulturaEducaciónÚltima hora

“Meniñeiros” na Veiga, unha das 32 casas niño que funcionan na provincia

 

O centro ‘Meniñeiros’ de A Veiga atende a un total de 4 nenos e nenas. Esta é unha das 32 casas niño que están a funcionar na provincia de Ourense. Concretamente creouse ao abeiro da primeira convocatoria de axudas da Consellería de Política Social correspondente ao ano 2016.

A delegada territorial da Xunta en Galicia, Marisol Díaz Mouteira, visitaba nesta mañá de 20 de novembro esta a Casa Niño do municipio ourensán da Veiga, acompañada polo seu alcalde, Juan Anta. Nesta visita salientou a importancia destes servizos tanto para o coidado dos nenos e nenas de 0 a 3 anos que viven en contornos rurais como para facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e social dos pais e nais. Por isto, o goberno galego seguirá a impulsar a creación de casas niño para crear unha rede máis ampla de recursos de conciliación no rural.

O goberno galego resolveu recentemente unha nova convocatoria de axudas, a cuarta desde a implantación deste programa en 2016, para a creación doutros 15 recursos deste tipo, dos que seis se asentarán na provincia ourensá, en concreto nos concellos de Larouco, Montederramo, Petín, Punxín, Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio. Estas incorporacións sumadas as que xa funcionan consolidan a Ourense como a provincia que vai contar con máis casas niño, un total de 38.

A Consellería de Política Social fará o ano que vén unha convocatoria extraordinaria de axudas para estender este servizo ao 100% dos municipios. Con este obxectivo, indicou a delegada territorial, os orzamentos de 2020 inclúen unha partida de 620.000 euros que permitirá abrir casas niño en localidades que non teñen nin escola infantil nin punto de atención á infancia.

 

Artigos relacionados

Back to top button