CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Mensaxes de ánimo a Iris Acevedo (CD Rúa) trala súa recente operación

 

Na tarde do venres 20 de xaneiro o equipo infantil B do CD Rúa disputaba un partido de liga no campo Vicente Solarat Maceda que se convertía nunha pequena homenaxe a unha das súas xogadoras.

Iris Acevedo Blanco sufria a semana pasada unha lesión no campo do Verín, pola que tivo que ser operada este martes en Ourense. Todo foi ben e Iris xa está na casa, pero dende o club rues, os seus compañeiros quixeron amosarlle o seu cariño cunhas mensaxes e ánimo antes do partido disputado na Rúa ao que desta volta acudía como espectadora.

 

 

Ánimo e que te recuperes pronto Iris.

 

Artigos relacionados

Back to top button