CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Mensaxes de ánimo para “Villa” dos seus compañeiros do CD Rúa

Os infantís do Rúa e do Arenteiro coa pancarta de ánimo a Villa./ Foto cedida.

 

Vinte días despois do grave atropelo que sufría mentres estaba traballando no Barco, “Villa” (Avelino Álvarez), membro da directiva do CD Rúa, segue en fase de recuperación. E mentres o fai, á espera de que regrese a casa, a súa familia amarela envíalle constantes mensaxes de ánimo.

O equipo sénior facíao no triangular disputado o 4 de xaneiro en Calabagueiros xunto ao CD Barco e ao CD Córgomo Vilamartín; e o infantil B no partido da xornada 11 disputado este sábado 13 de xaneiro no Vicente Solarat Maceda contra o CD Arenteiro, que empataban 3-3.

Artigos relacionados

Back to top button