ConcellosEconomíaEconomíaÚltima hora

Mercadiño de Nadal no Barco, do 15 ao 17 de decembro

Contará cuns 24 postos na praza do Concello e completarase dun cursiño de adornos florais

 

O vindeiro 15 de decembro ás 17h. abrirá ao público o Mercadiño de Nadal do Barco, que se instalará na praza do Concello ata o 17 de decembro. Contará con 24 postos nos que se porán á venda multitude de produtos: marmeladas, doces, pan e empanadas, traballos artesanais, manualidades en tela e papel, queixo, cosmética natural…

A meirande parte deles serán elaborados por veciños do Barco e da comarca de Valdeorras. Na xornada do venres os postos permanecerán abertos desde a hora de inauguración ata as 20:30 horas, e o sábado e domingo a mostra poderá visitarse entre as 11h. e as 20:30 h.

 

Esta iniciativa, organizada pola Concellería de Turismo, complétase este ano cun curso de adornos florais, que se impartirá os días 13 e 14, cun horario de 20,00 a 21,30 horas, na terceira planta do Edificio Multiusos.

Para este curso, que será impartido por unha especialista do Barco, cóntase con unicamente 20 prazas. Os interesados poden anotarse desde o día 7 de decembro na Concellería de Turismo.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button