Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

Merelles traslada a AEVA o compromiso do PP de “favorecer a unión entre os diferentes sectores produtivos de Valdeorras”

O número 11 de lista popular por Ourense vén de reunirse con representantes desta organización empresarial da comarca

 

Esta mañá Xosé Manuel Merelles, número 11 da lista do PP pola provincia de Ourense nas eleccións galegas, reuníase con representantes da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) para trasldarlles aos empresarios o compromiso do PPdeG de fomentar a unión entre os diferentes sectores produtivos da comarca. “Promoveremos alianzas entre as diferentes iniciativas empresariais e tamén favoreceremos a optimización dos procesos loxísticos”, manifestou Merelles, que estaba acompañado polos concelleiros populares no Barco Manuel Núñez e José Luis Tamayo.

O candidato aseguraba que se trata dunha medida, incluída no programa dos populares, que pode ter especial impacto na comarca de Valdeorras. “A lousa e o viño son dous dos motores económicos da contorna e promover accións de dinamización conxunta que posicionen turisticamente a comarca en torno a estes dous activos vai ser unha das liñas de traballo que un Goberno con Rueda á fronte poña en marcha na zona”. Ademais, Merelles incidía en que “fortalecer Valdeorras como destino enoturístico de preferencia e tamén como núcleo de turismo industrial é un dos eixos de traballo que o PP propón para comarca”.

 

Xosé Manuel Merelles, coa vicepresidenta de AEVA./ Cedida.

 

Nese senso, Merelles manifestáballe á presidenta de AEVA, Araceli Fernández del Palacio, o compromiso dos populares galegos de “impulsar programas de formación específicos para o sector da hostalaría en Valdeorras para, deste xeito, responder ás demandas deste eido, que se ten queixado de forma pública de que non lle resulta doado atopar traballadores cualificados. Un goberno presidido por Alfonso Rueda, ademais, apoiarase na innovación e na investigación para que os valdeorreses acaden maiores cotas de benestar e calidade de vida”.  O candidato do PP aseguraba que neste partido “queremos unha Galicia con actividade económica nas aldeas, nas vilas e nas cidades; unha Galicia que favoreza o emprendemento e facilite o asentamento de negocio”.

Outro dos temas que abordaba na xuntanza era o das infraestruturas da comarca. Neste senso, o candidato polo Partido Popular ao Parlamento galego, que dirixiu ata hai pouco a Axencia Turismo de Galicia, comprometeu o apoio de Alfonso Rueda “para favorecer a mellora de conexións e infraestruturas viarias longamente demandas polo empresarios da comarca, como o impulso a A-76, a mellora da N-120 ou a optimización da circunvalación do Barco”. Ademais Merelles lamentaba que “os socialistas e o BNG, no documento asinado para o pacto de investidura de Sánchez, non recolleran nin unha soa demanda ao respecto destas obras. Faremos presión fronte ao Ministerio de Transportes para que Valdeorras deixe de estar illada, porque se non se cumpren os compromisos en materia de infraestruturas do Goberno de España, a dinamización empresarial e económica da zona vaise ver lastrada”, concluíu Merelles.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button