A RúaConcellosÚltima horaVídeos

O Concello da Rúa aposta polo cambio na celebración das Festas de Verán para que “cumpran coa lei”

O PP presentou unha moción para que se mantiveran integramente no barrio da Estación que era rexeitada cos votos en contra do RUA, PSde G-PSOE e BNG

 

“Os cambios sempre custan pero son necesarios e xa o ano pasado dixemos que serían as últimas festas como se viñan celebrando ata agora. As deste ano faranse cumprindo coa lei en canto a seguridade, algo que na Estación era imposible”. Así explicaba a alcaldesa da Rúa, María G. Albert a decisión do grupo de goberno de iniciar aste ano cun novo modelo na programación das festas cuxas activiadades principais se desenvolverán no Aguillón, mantendo na Estación as que o espazo permita.

 

 

O polémico cambio de ubicación, moi criticado pola oposición, era o protagonista do pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular que se celebraba na tarde do luns 1 de xullo diante de numeroso público. A este pleno o PP levaba unha moción, presentada polo seu voceiro, Álvaro Fernábdez, na que pedían dous acordos. Por unha banda  que “o Concello da Rúa celebrará as Festas da Estación deste ano 2024 no entorno da Estación sen que as actuacións musicais incluídas na programación, así como as atraccións de feira, poidan ser obxecto de cambio de ubicación fóra dese entorno”. E tamén que “o Concello da Rúa executará as actuacións e medidas de seguridade necesarias para que a celebración das festas mencionadas se adapte á normativa vixente sen ocasionar peruízo algún ao sector hostaleiro, aos cidadáns e aos visitantes da localidade.

 

 

Logo de tres turnos de intervención no que tanto RUA, PSdeG-PSOE e BNG, que forman parte do grupo de goberno, defendían o cambio alegando que manter as festas integramente na Estación é inviable dende o punto de vista de espazo e sobre todo seguridade, a moción era rexeitada.

 

 

Álvaro Fernández, señalou que as festas son un revulsivo económico para a hostalaría e que a vontade popular “é que se manteñan no pobo”, asegurando que hai fórmulas para facelo mantendo a seguridade, buscando alternativas. José Vicente Solatar pola súa banda, destacou que “fisicamente é imposible adaptar A Estación á normativa de seguridade nin ás leis físicas. É unha cuestión de espazo e seguridade”, dixo, lembrando que as festas celebráronse no Aguillón durante oito anos e que neste 2024 “A Rúa terá posiblemente un dos mellores veráns da historia”, xa que máis alá dos 3 días de festa (do 2 ao 4 de agosto) con actuacións moi potentes, haberá moitas máis actividades.

 

 

Dende o PSOE, Luis Fernández defende o novo escenario para as festas que nace por responsabilidade. “A situación cambiou moito e antes dispoñíamos de máis espazo, agora ademais de ter menos, as atraccións son cada vez máis grandes e as orquestas ocupan máis volume”. Finalmente a alcaldesa e portavoz do BNG María G. Albert, sinalou que “a seguridadade ao 100% non existe e podemos equivocarnos pero os cambios fanse coas mellores intencións facendo todo o posible por cumprir coa lei”.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button