En portadaSanidadeÚltima hora

Mesa informativa no Barco polo Día Europeo para a prevención do risco cardiovascular

Esta é unha das diferentes actividades promovidas dende Atención Primaria na provincia para conmemorar esta data

 

O 14 marzo é o día Europeo para a prevención do risco cardiovascular. Esta data ten como obxectivo sensibilizar á poboación sobre a importancia da prevención das enfermidades cardiovasculares, tan prevalentes na nosa contorna: Segundo os datos do plan obesidade zero: o 39 % galegos ten sobrepeso, sobre un 16% obesidade, o 41 % galegos son sedentarios, a obesidade infantil vai en aumento tras a pandemia…

Para concienciar e promover o autocoidado e a prevención desde Atención Primaria organizan nesta xornada diferentes actividades ao longo da provincia. Unha delas é unha mesa informativa e de concienciación situada á entrada do Centro de Saúde do Barco, que se instalaba a primeira hora da mañá.

O resto de actividades programadas son as seguintes

Martes 14

OURENSE:
– CS (Centro de Saúde) A Carballeira;  CPR Luis Vives, teñen o obradoiro de comendo cores, ao finalizar repartirán as infografías entre os nenos e explicaranlle porque é tan importante a prevención de factores de risco cardiovascular. Mesa de concienciación á entrada do Centro de Saúde de 13:30 a 14:30 (aprox)
– A Ponte: mesa de concienciación de 16:30 a 17:30 (aprox)
– Novoa Santos mesa concienciación entrada CS de 13.30 a 14.30 (aprox)
– Valle Inclán: mesa concienciación de 15.00 a 16.00 (aprox)

–  Xinzo de Limia: CEIP CARLOS CASARES. Obradoiro de comendo cores, ao finalizar repartirán as infografias entre os nenos e explicaranlle porque é tan importante a prevención de factores de risco cardio vascular. A entrada do Centro de Saúde mesa de concienciación de 11.00 – 12.00h (aprox)
–  Celanova mesa concienciación entrada centro de saude de Celanova de 8 a 9 (aprox)
– A Valenzá: mesa de concienciación de maña e de tarde
– O Carballiño: mesa de concienciacion de 18:30 a 19:30 (aprox)

 

 

 

Mércores 15

OURENSE: O Couto: paseo (retoman a pílula saudable, cada 15 días).
– ALLARIZ : mesa concienciación no CS de Allariz de 9 a 10 (aproximadamente).
– CASTRO CALDELAS: CPI VIRXE DOS REMEDIOS  Obradoiro de comendo cores, ao finalizar repartirán as infografias entre os nenos e explicaranlle porque é tan importante a prevención de factores de risco cardio vascular. Mesa concienciación  no CS de Castro Caldelas de 8:30 a 9:30 (aproximadamente). Faran infografías e farán pilulas de prevención de risco cardiovascular 8:30h.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button