SanidadeÚltima hora

Mesa para a recollida de sinaturas en defensa da Atención Primaria, na Rúa

 

Tal como estaba previsto, na mañá deste mércores 28 de setembro o BNG Valdeorras instalaba diante da Casa da Cultura da Rúa, a carón do Centro de Saúde, unha mesa para seguir recollendo sinaturas en defensa da Atención Primaria. Campaña que está sendo apoiada tamén polo persoal sanitario rues.

Entre as medidas básicas que segundo o Bloque Nacionalista Galego urxe tomar para frear o deterioro da sanidade pública, están aumentar o orzamento destinado á Atención Primaria; incremento e estabiliade dos cadros de persoal; pór en marcha un Plan de retorno, captación e fidelización de profesionais; e a incorporación de categorías novas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button