SanidadeÚltima hora

Miguel Arias cantará “Dando la cara por ti” en Madrid, en apoio á AECC

O cantante valdeorrés colabora na campaña solidaria “1 Minuto de Música Contra el Cáncer”
Miguel Arias foi o padriño da carreira contra o cancro da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

“Cando participo neste tipo de eventos solidarios é cando realmente paga a pena o que fago”, aseguraba Miguel Arias intres antes de comezar a Carreira e Andaina Contra o Cancro da Rúa da que era padriño a comezos de maio. O cantante, natural de Arcos (Vilamartín de Valdeorras), está moi sensibilizado co cancro, unha enfermidade que “por desgraza me tocou moi de preto”, di, por iso se sinte especialmente orgulloso de colaborar con todo tipo de eventos vencellados a este tema.

O último no que se implicou de cheo é a campaña “1 Minuto de música contra el cáncer” un proxecto da AECC no que diferentes artistas versionan o tema principal subíndoo ás súas respectivas redes sociais o vindeiro 7 de xuño ás 12h. co hashtag #1MinutoContraElCáncer. A finalidade é “dar visibilidade e mostrar o apoio da sociedade a aquelas persons que loitan contra esta enfermidade”.

Miguel Arias fixo a súa propia versión de “Dando la cara por ti” que cantará ese mesmo día, 7 de xuño ás 11 horas, na presentación da campaña na praza de Isabel II en Madrid. Tal como el mesmo explica, no seu vídeo colaboran voluntarios e usuarios da AECC Segovia con Álvaro Manzanas ao piano. O videógrafo é Valsan George.

 

Artigos relacionados

Back to top button