DeportesTenisÚltima hora

Miguel Blanco, campión absoluto do XXVII Torneo de Tenis Memorial Juan Pablo Vieites, en Petín

Rafael Gudiña vencía na categoría cadete mixto e Julio López en veteranos +35

 

Na xornada deste sábado 18 de xullo, unha semana antes das festas patronais de Petín, celebrábase a final do XXVII Torneo de Tenis Memorial Juan Pablo Vieites organizado polo Concello de Petín coa colaboración do Club Tenis Rúa e Ortopedia Petín, proclámandose campión absoluto Miguel Blanco que derrotaba na final a Jonatan Domínguez por 6-1/6-0. En semifinais Miguel Blanco derrotaba a Brian Izquierdo por 6-2/6-3 e Jonatan Domínguez a Ismael Domínguez por 6-0/6-1.

Na categoría cadete mixto proclamábase campión Rafael Gudiña tras vencer na final a Thiago Delgado por 6-4/6-4. En semifinais Rafael Gudiña vencía a Uxía Gudiña por 6-2/7-5 e Thiago Delgado vencía a Joaquín Escuredo por 6-4/6-4.

E no que respecta á categoría veteranos +35 Julio López proclamábase campión logo de vencer na final a Adrián Alcántara por 6-3/6-0. En semifinais Julio derrotaba a Javier Rocha por 6-1/6-0 e Adrián Alcántara vencía a Enrique González por 6-2/6-3.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button