CulturaCulturaÚltima hora

Miguel Ríos e Luz Casal participan online na homenaxe a Jaime Noguerol en Verín

O acto foi organizado pola Biblioteca Municipal

Jaime Noguerol e Antonio Nieto na homenaxe. /Foto: Concello de Verín.

 

Tras varios meses realizando só actividades online por mor da situación sanitaria, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín retomaba na mañá deste sábado 3 de xullo no Auditorio Municipal, a súa programación de eventos presenciais cunha emotiva homenaxe ao periodista Jaime Noguerol.

Baixo o nome de 40+1 – Aniversario de Extraños en el escaparate de Jaime Noguerol, Verín rendeu homenaxe a esta obra, editada por Juan Luís Recio, A Banda de Moebius, e que logo daría paso ao famoso disco de Miguel Ríos. “Le quitaron al futuro su antifaz de cielo”, así comeza a obra que ilustra o gran CEESEPE e onde Noguerol compón a literatura underground dos oitenta madrileños.

O acto era inaugurado pola concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza e polos responsables da Biblioteca, Vicente Justo e Aurora Prieto, correndo a presentación a cargo do escritor verinés Antonino Nieto e coa presencia do propio Jaime Noguerol.

 

Intervención de Miguel Ríos. /Foto: Concello de Verín.

 

O acto contou tamén coa participación online, a través de vídeo gravacións, de varias personalidades referentes da “Movida madriñeña”, como Julio Conde Estévez, interventor de Sos de Rey e veciño de Verín; Juan Luís Recio, editor do libro Estraños en el escaparate; Manuel “Patacho” Recio, de Glutamato Yeyé; e os músicos Miguel Ríos e Luz Casal.

 

Cedida.

 

Dende a dirección da Biblioteca quixeron agradecer especialmente a colaboración de Antonino Nieto e Julio Conde, “sen os que sería imposible realizar este acto homenaxe”. Pola súa banda, Emilia Somoza, tras agradecer o gran traballo realizado pola Biblioteca en prol da cultura e do fomento a lectura, destacou o “grande orgullo que sinto como concelleira desta área ao ver como a cultura estase a converter nun dos piares fundamentais da nosa vila”.

 

Intervención de Luz Casal. /Foto: Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button