ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Mil e unha propostas saborosas e de artesanía, no Mercadiño de Nadal do Barco esta fin de semana

 

Dende diversos doces como a bica a pan, licores, mel, diversa artesanía (de coiro, vidro, xoiería, madeira ou téxtil) ata queixos e castañas. As persoas que visiten esta fin de semana a praza do Concello do Barco atoparanse coa 12ª edición do Mercadiño de Nadal que achega multitude de produtos de calidade, boa parte deles locais. Tamén contan con postos algunhas asociación de carácter benéfico da zona.

Unha da novidades desta edición, que organiza o Concello do Barco, será que os dous días se impartirá un obradoiro de pimentón e exhibición do traballo artesán. Ademais coas compras, os clientes participan en sorteos de vales de compra en establecementos do CCA. Para iso deberán depositar as papeletas que lle dan nos postos nun urna situada no medio do recinto.

 

 

Por outra banda, o domingo, ás 19:00 horas, ofrecerase unha chocolatada aos asistentes. Con motivo desta feira, estará pechado ao tráfico nesta fin de semana o tramo da rúa España situado diante da praza do Concello.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button