ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVilamartín

Miles de persoas enchen Vilamartín de Valdeorras na XXVI Festa das Covas

 

Miles as persoas dábanse un ano máis cita na Festa das Covas de Vilamartín, que este ano cumpre XXVI edicións. Na tarde deste sábado 3 de agosto, mozos e maiores da zona e de diferentes partes de España como Asturias, iniciaban, cunca, pano amarelo e pulseira en man, un percorrido festivo por estas singulares adegas soterradas para desfrutar dos viños (brancos e tintos) e tamén de diversos petiscos, mentres o ambiente estaba animado polo son de charangas.

 

 

Segundo a organización e a falta do reconto final a cifra de asistentes rondaba os 4.000, a metade das entradas vendidas por internet.

 

 

O fin de festa correrá por conta de Dj Chus Lestayo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button