CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Milladoiro, protagonista do Concerto do Botelo, no Barco

O grupo de música tradicional actuaba no Teatro Lauro Olmo na tarde previa á festa gastronómica

 

Para conmemorar a XX edición, a Festa do Botelo 2020 do Barco presentou este ano unha nova acitividade coa música como protagonista: o Concerto do Botelo que se celebraba na tarde do 17 de xaneiro (véspera da cita gastronómica) no Teatro Lauro Olmo.

E para esta data especial, dende o Concello do Barco quixeron contar cunha formación que vén de cumprir 40 anos ao servizo da música tradicional galega: Milladoiro. O grupo coruñés formou parte da xeración de xoves pioneiros que a mediados dos anos 70 decidiu investigar e recuperar as raíces musicais e no concerto do Barco, interpretou temas do seu último disco, Atlántico (2018), un  traballo de natureza conceptual que abarca o contacto de Galicia coas terras do novo mundo e do norte.

 

Numeroso público asistiu ao concerto.

 

Tal como asegurou a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, na presentación do concerto, algún dos membros de Milladoiro asistirá mañá ao xantar popular do Botelo no pavillón de Calabagueiros.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button