CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Milladoiro repasa as súas catro décadas de historia musical no Barco

O Teatro Lauro Olmo da vila acollía un dos once concertos da súa xira "Desde Maeloc"

 

Temas moi coñecidos e emblemáticos do seu repertorio, pero tamén composicións novas do seu novo traballo discográfico “Atlántico”. Milladoiro, considerado o grupo máis influínte na historia do folk galego, recalaba na tarde deste 7 de decembro no Barco no marco da xira do seu 40 aniversario como grupo, titulada “Desde Maeloc”, en referencia ao título do seu primeiro disco “A Galicia de Maeloc”.

É a segunda actuación de Milladoiro en apenas nun ano que ofrece no Teatro Lauro Olmo do Barco, tras o seu concerto en xaneiro. Así o recordaban os membros do grupo que se amosaban contentos de regresar á vila valdeorresa, se ben lamentaban que o aforo tivera que restrinxirse como medida preventiva fronte ao Covid. Esta xira inclúe un total de 11 concertos por Galicia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button