ConcellosO BarcoÚltima hora

Minuto de silencio en memoria dos falecidos o 11M de 2004, mañá ás 12h. diante do Concello do Barco

Praza do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

Cando se cumpren vinte anos dos atentados que o 11 de marzo de 2004 custaron a vida a 193 persoas en Madrid, a Federación Española de Municipios e Provincias, FEMP, dirixiuse aos Gobernos Locais de toda España coa invitación de convocar ás 12 horas do luns, 11 de marzo, un minuto de silencio en memoria das persoas falecidas e en solidariedade cos seus familiares e seres queridos.

O 11 de marzo que, con motivo de tan dramáticos sucesos, foi declarado Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo, cobra este ano no noso país un especial significado ao tratarse do vixésimo aniversario dos feitos. Por iso, e tras a comunicación remitida pola FEMP a todos os Gobernos Locais, “o Concello do Barco secunda a convocatoria, animando a todos os barquenses a sumarse a esta iniciativa”.

Artigos relacionados

Back to top button