ConcellosÚltima hora

Minuto de silencio nas sedes de Cruz Vermella polos seis voluntarios falecidos en Nixeria

Os voluntarios de Ourense e Valdeorras expresan así as súas condolencias ás familias das vítimas
Membros de Cruz Vermella Valdeorras durante o minuto de silencio.

Cruz Vermella Española vén de realizar un minuto de silencio nas súas sedes para expresar as súas condolencias ás familias das vítimas do bombardeo a un campo de desprazados en Nixeria o pasado martes e “lembrar  que a misión humanitaria ten que ser protexida”.

O falecemento de civís e seis membros da Cruz Vermella de Nixeria  tiña lugar o pasado martes 17 de xaneiro, tras un ataque aéreo na ciudad de Rann, preto da fronteira entre Nixeria e Camerún. “Os seis traballadores estaban en Rann como parte dunha operación humanitaria para distribuír comida a máis de 25.000 persoas desprazadas”, explican dende Cruz Vermella Ourense, engadindo que horas despois do ataque un equipo cirúrxico do Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) despregouse en Rann, mentres outro equipo do CICR en Maiduguri se despregouse para apoiar ao Ministerio de Saúde. O equipo de Rann evaluou ao redor de 100 pacientes, mentres que 9 nun estado crítico foron evacuados por helicóptero a Maiduguri . “Ao redor de 90 pacientes permanecen en Rann, dos cales 46 están gravemente feridos e necesitan ser evacuados a Maiduguri con urxencia”.

 

Cruz Vermella Ourense.

Dende Cruz Vermella lembran que “os traballadores e voluntarios humanitarios deben ser capaces de operar con seguridade e poder prestar asistencia vital onde sexa necesario, sen temor a perder as súas vidas. As partes no conflito deben cumprir coas súas obligas baixo o dereito internacional humanitario para asegurar que os civís non sexan afectados polas hostilidades”.

 

Artigos relacionados

Back to top button