O Parlamento europeo acollerá do 15 ao 17 de novembro a primeira Asamblea Europea en defensa dos Bens Comúns. Nela estará presente Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa. Neste foro, no que se debaterán fórmulas para crear unha rede europea dos Bens Comúns, Miranda reclamará que os gobernos galego e español “deixen de ameazar coa privatizacion dos bens e recursos colectivos”.
Miranda exporá en Bruxelas a situación única en Europa dos montes en man común en Galiza, acompañada de Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades Veciñais de Montes en Man Común. “Os gobernos deben identificar, crear, administrar, rexenerar e coidar os bens comúns, e non ameazalos con privatizalos e especular, como pasou en Galiza coa Lei galega de Acuicultura, con Corcoesto, coa amenaza sobre novos proxectos mineiros especulativos, coa ameaza de especulación, no monte ou coa privatización da auga”, asegura Miranda.