En portadaÚltima hora

Unhas 360 persoas toman a saída na 17ª Andaina de Outono do Barco

 

Dende a praza Maior do Barco dábase a saída ás 9h. en punto á 17ª Andaina de Outono do Barco, que nesta edición contaba con preto de 400 participantes, chegados das catro provincias galegas, e incluía dúas distancias (ambas con percorridos circulares): unha longa de 25 km e outra curta de 15 km. Ademais por primeira vez o trazado sae do Barco e percorre tamén o veciño municipio de Vilamartín.

 

 

Esta proba, organizada polo Club Peña Trevinca Barco, é a derradeira cita da I Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo, ademais de formar parte da  Liga Ibérica (España, Portugal e Andorra) de sendeirismo da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada.

No percorrido hai tres avituallamentos e tamén ten controis de tempo, xa que hai que lembrar que estas andainas son probas de regularidade, é dicir, non gana o primeiro en completar o traxecto, senón o que manteña unha maior regularidade.

 

 

Esta proba será organizada polo Club Peña Trevinca Barco en colaboración do Concello do Barco, e conta tamén co apoio da Cruz Vermella, Policía Local, Protección Civil (as agrupacións do Barco, Petín, Vilamartín e Manzaneda), así como de numerosos voluntarios do club.

Fotos: A.R.

Máis fotos en:

A 17ª Andaina de Outono do Barco, en imaxes

 

Artigos relacionados

Back to top button