Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A 17ª Andaina de Outono do Barco, en imaxes

 

Con dous percorridos posibles, un de 15 km e outro de 25 km., ás 9h. partía da praza Maior do Barco a 17ª Andaina de Outono do Club Peña Trevinca Barco nun domingo 12 de novembro que amencía anubrado pero que, aos poucos, o sol foise facendo oco nun ceo cada vez máis despexado.

Tras a saída, os andaríns do longo percorrido xiraban á esquerda, cruzando a pasarela da zona vella, mentres os da curta continuaban pola dereita, pasando o río Sil na pasarela do Salgueiral. A partir de aí comezaba un fermoso traxecto por zonas do Barco, pero que tamén se adentraba no veciño concello de Vilamartín en puntos como Arnado.

 

 

Ademais os camiñantes chegaban ata a Pincheira de Portomao (Fervenza), onde moitos aproveitaban para sacarse fotos. A andaina seguía despois de volta ao Barco. Durante a proba había tres controis e outros tantos puntos de avituallamento.

Fotos cedidas.

Máis fotos en

Unhas 360 persoas toman a saída na 17ª Andaina de Outono do Barco

 

Artigos relacionados

Back to top button