Esta fin de semana celebrouse na Rúa a XXXVII Xornada Diocesana de Adolescentes e Xoves organizada pola delegación episcopal de Pastoral Xuvenil de Astorga.
No seu 60 aniversario, tanto a acollida e o aloxamento, como moitas das actividades realizáronse no Colexio Diocesano San Pablo VI-Fátima pero na mañá deste domingo día 14 de abril tiña lugar un dos actos máis destacados do encontro: a peregrinación coa cruz dos xoves dende a igrexa de Fontei ata a de Santo Estevo, na Rúa Vella, onde tiña lugar a eucaristía.
O encontro reunía a numerosos xoves da zona e tamén a varios sacerdotes, entre eles o delegado episcopal de Pastoral Xuvenil, Luis Fernández Olivares, o párroco José Fernández de Abajo e Severino Pérez.
Fotos e vídeos cedidos