A Pobra de Trives vive hoxe o segundo día grande das festas patronais. E se onte era o Cristo da Misericordia o protagonista, na xornada deste domingo día 15 é a quenda da Virxe das Dores.
A xornada festiva comezaba cun pasarrúas da Banda de Música de Ramirás. A mesma que amenizaba a procesión polas rúas da vila posterior á santa misa, e tamén a sesión vermú na praza do Concello. Ademais, pola tarde daban un concerto na praza do Pilón. E xa pola noite o baile correrá a cargo da orquestra Salsarena na rúa San Martín.
As festas rematarán mañá, luns 16 de setembro, con pasarrúas e sesión vermú a cargo da Charanga Nova de Trives.
Fotos e vídeo cedidos.