EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Misión comercial no Xapón da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro

Un total de dez colleiteiros desta entidade participan no Foodex Japan 2018, que se celebrará ata o 9 de marzo

Na feira Foodex Japan 2018, no Xapón, vén de iniciar neste ano as súas accións internacionais a Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro. Nesta mostra, que se celebrará do 6 ao 9 de marzo, contan cun stand, conseguido a través do ICEX.

“Foodex é unha feira moi consolidada onde van moitas empresas de alimentación ademais de viños, durará 4 días, co que esperamos conseguir importantes acordos, pois os viños españois teñen unha alta demanda no Xapón, así como a gastronomia española en xeral”, explican dende a Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro.

Nesta misión comercial participan 10 colleiteiros: O Alborexar, Val de Souto, Gandarela, Sameirás, Lagar do Merens. Eloi Lorenzo, Celme, Mauro Estevez, Vilerma e Adega do Demo (novo colleiteiro que presenta a súa primeira colleita no Xapón).

A asociación realizará novas accións en mercados internacionais nos meses de marzo, xa que tamén estarán presentes en ProWein (Alemaña), e despois en maio nos Estados Unidos e en xuño deste ano no Brasil.

Fotos: Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro.

Artigos relacionados

Back to top button