CulturaCulturaÚltima hora

“Miss Ponferrada 1933”, de Fabularia Teatro, recala no Barco

Este espectáculo poderá verse o venres 5 de maio ás 21h. no Teatro Lauro Olmo da vila

 

Cita co teatro o venres 5 de maio no Barco. A partir das 21h. o escenario do Teatro Lauro Olmo acollerá o espectáculo “Miss Ponferrada 1933” de Fabularia Teatro. A peza parte dunha historia persoal real e local, a de Francisca Nieto Blanco, Paquina, para reflexionar sobre temas universais como “son os Dereitos Humanos, a Liberdade, a Xustiza, o Amor, a Solidariedade…,a Memoria… Miss Ponferrada 1933 configúrase como unha peza de “Teatro Documento” no que se parte de feitos reais, e a dramaturxia fórmase nas suma de noticias documentais publicadas en prensa, testemuños audiovisuais dos propios protagonistas, entrevistas, fotografías históricas, arquivos sonoros do Museo da Radio , sumarios xudiciais…”, explican dende a compañía.

A obra conta cun elenco formado por Trinidad Osorio, Raúl Gómez e José Manuel Sabugo “Sabu”. Fabularia posta por coidar a calidade stética da obra coa utilización de obxectos cotiás da época sacados de anticuarios como parte da escenografía, e un vestiario histórico igualmente coidado.

“A utilización de distintas técnicas teatrais, desde o distanciamento obxectivo, as proxeccións audiovisuais, ou as máscaras ,fan que a peza teatral beba de Bertold Brecht, Tadeus Kantor,Valle-Inclán ou Piscator. A música en directo ambienta toda a obra na súa época e crea unha atmosfera reivindicativa”, segundo Fabularia.

Artigos relacionados

Back to top button