Concellos

Moita comedia nas Noites Teatrais de Vilamarín, do 12 ao 15 de xullo

Terán lugar no Auditorio Municipal da localidade
Marina Rodríguez, Amador Vázquez, Rosendo Fernández e Mercedes Gallego.
Marina Rodríguez, Amador Vázquez, Rosendo Fernández e Mercedes Gallego.

O Pazo Provincial da Deputación acolleu onte a presentación dunha nova edición das Noites Teatrais de Vilamarín. A vixésimo novena edición deste evento cultural celebrarase do 12 ao 15 de xullo no Auditorio Municipal. As funcións serán ás 22:30 horas, con entrada de balde. No acto de presentación estivo presente o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez, a concelleira de Cultura, Marina Rodríguez, e a xefa territorial de Cultura en Ourense, Mercedes Gallego.

Este ano, as protagonistas serán as comedias, “pois é o que máis demanda a xente que vén a Vilamarín”, detallou Rodríguez. Así, a programación arrincará o martes día 12, coa obra “Demediado”, a cargo da Aula de Teatro Universitario de Ourense Maricastaña. O mércores 13, Redrum Teatro interpretará a súa obra “Noiteboa”. O xoves 14, é a quenda para o grupo Chévere, coa obra “Eroski Paraíso”. E no venres 15, a obra “Furancho”, do grupo Ibuprofeno Teatro, pechará as xornadas.

Artigos relacionados

Back to top button