CulturaCulturaÚltima hora

Moita música, teatro e cinema na celebración das Letras Galegas en Trives

Luar na Lubre./ Foto cedida.

 

A semana das Letras Galegas comezará na Pobra de Trives cun concerto de Luar Na Lubre o 13 de maio na Rúa San Martiño, a partir das 20.00 horas. O programa tamén inclúe a obra “Arraianos” de Sarabela Teatro o 14 de maio, a partir das 19.00 horas no Auditorio. Nesta mesma xornada pero en horario de sesión vermú, ás 13.15 horas, ofrecerase un espectáculo musical na Praza Doutor Paz.

O propio Día das Letras, 17 de maio, terá lugar a actuación do Orfeón Trivés no Auditorio, a partir das 19.00 horas. Ademais, a banda Os do fondo da barra percorrerá as rúas da vila para poñer a música dende as 12:30 horas.

Para o 19 de maio programouse a proxección da película “Valentina”, ás 11.30 horas no mesmo escenario. O 23 de maio, ás 18.30 horas, agárdase o espectáculo de narración oral para maiores de 3 anos e familias que leva por título “Bailar nas nubes”. A programación segue aberta para seguir incorporando novos actos para todos os públicos.

Artigos relacionados

Back to top button