CulturaCulturaÚltima hora

Moito humor e música na presentación do primeiro libro de Aimar Vega, en Trives

Trátase da novela "La mansión de las mentiras", na que toca diversos xéneros e aposta polo humor

 

Numerosas persoas asistían na tarde deste venres á presentación de “La mansión de las mentiras”, o primeiro libro de Aimar Vega, un mozo natural de Manzaneda. O acto tiña lugar no Auditorio Julio Vázquez de Trives, localidade na que reside, e estaba presentado polo director do IES Xermán Ancochea da vila, Farruco García.

Despois dun preámbulo musical, con zanfona e piano (neste segundo caso a cargo da pianista Salomé Garrido), tomaba a palabra a concelleira de Cultura de Trives, Cristina Paz, quen lle desexaba éxitos ao autor e confiaba en que tras esta veñan novas obras que se poidan presentar tamén na vila.

 

 

Finalmente tomaba a palabra Aimar Vega, quen facía enchía de risas o auditorio cun singular monólogo cargado de ironía e humor, no que facía un percorrido pola súa traxectoria personal, con referencias á súa familia, amigos, compañeiros de clase e profesores, pasando tamén por cuestións como as das redes sociais.

 

 

Un humor particular humor que caracteriza tamén a súa primeira novela, “La mansión de las mentiras”, chea de mentiras, humor, misterio, corrupción, abuso de poder e mortes nunha complexa e vertixinosa historia que aposta por enganchar ao lector dende o primeiro capítulo.

Aimar Vega convidaba a ler o libro e pechaba o acto asinando exemplares dos asistentes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button