CD BarcoDeportesFútbolOurense CFÚltima hora

Moitos seareiros acompañarán ao CD Barco na final polo ascenso que se celebrará o domingo en Lugo

Seareiros do CD Barco na semifinal celebrada en Santiago./ Foto: Julio Quintas.

 

Domingo 8 de maio, 18 horas. Será o momento no que os dous finalistas do play off de ascenso a 2ª RFEF saltarán ao céspede do Estadio Anxo Carro de Lugo. Dun lado do campo o Ourense CF (2º na liga regular) que baixo as ordes de Rubén Domínguez pelexará por repetir o resultado conseguido na semifinal onde vencía 1-0 ao Deportivo Fabril. Do outro, o loitador e sorprendente CD Barco de Javier Rey (4º na liga regular) que, tras vencer á UD Somozas por 2 goles a 3 nun partido de infarto celebrado en Santiago, porá todo da súa parte por facerse coa vitoria.

E na súa loita e empeño, non estará só. Son moitos os seareiros que pertechados coas bufandas, camisetas e banderolas asistirán dende as bancadas ao histórico partido. De feito as prazas do autobús que a directiva pon a disposición dos afeccionados levan días completas e moitos outros irán en coches particulares, calculando que “entre 500 e 600 ou máis seguidores do CD Barco”, dianta o presidente do club Nilo Ramos, viaxen ata Lugo o domingo, entre eles o alcalde do Barco, Alfredo García e o concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso que xa acompañaran ao equipo na semifinal.

Lembramos que as entradas anticipadas (10€ e gratis para menores de 10 anos) están á venda en Peluquería Nilo, Churrería La General, Bar Makoki, 13/14 e Horta de Fina y Mar.

 

Artigos relacionados

Back to top button