CulturaCulturaÚltima hora

Monforte celebra o 20 aniversario da Xornada Europea de Cultura Xudía

Terá lugar este domingo, día 1 de setembro

O Concello de Monforte de Lemos súmase este domingo aos actos conmemorativos do 20 aniversario da Xornada Europea da Cultura Xudía. As actividades centraranse en visitas guiadas gratuítas á Xudaría da vila.

 

Cartel da actividade.

 

Terán lugar o vindeiro domingo, día 1 de setembro, e as visitas guiadas sairán dende a Oficina Municipal de Turismo (rúa Comercio, 6) ás 11:30 horas e ás 18:00 horas. Así, o historiador monfortino Felpe Aira, será o encargado de impartir estas visitas.

Estas xornadas están organizadas e deseñadas pola AEPJ (Asociación Europea para a Preservación e Promoción da Cultura e a Herdanza Xudía), en colaboración coa Biblioteca Nacional de Israel.

O seu obxectivo é o de “destacar a diversidade e a riqueza do Xudaísmo, coa intención de promover o diálogo, o recoñecemento mutuo e o intercambio a través de conferencias, concertos, actuacións, visitas guiadas e outras actividades que terán lugar en concellos, comunidades xudías, museos e centros culturais de toda Europa”.

Artigos relacionados

Back to top button