CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Monicreques para celebrar o Día do Libro na Biblioteca do Barco

"Raio the Loubican, metade lobo metade can" representarase o 23 de abril ás 11:30h.

Con motivo da conmemoración do Día do Libro a Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco acollerá o vindeiro 23 de abril ás 11:30h. un espectáculo infantil de monicreques dirixido a nenos a partir dos 3 anos.

A función titúlase “Raio the Loubican, metade lobo metade can” e trátase dun divertido e interactivo espectáculo de títeres, no que un can faise coa atención de todos, contando a súa historia de superación e aprendizaxe.
Realizado por “Mircromina Teatro de Títeres”.

As inscricións deben realizarse na propia Biblioteca, xas que o aforo máximo é de 25 asistentes. A actividade forma parte do programa “Ler conta moito”.

Artigos relacionados

Back to top button