DeportesÚltima hora

Monolitos para lembrar o protagonismo de Ourense na Volta a España

A ronda española de ciclismo pasará polos concellos de Cenlle, Nogueira de Ramuín, Castrelo de Miño e Maceda
Monoito da Volta a España'16 no concello de Cenlle que acollerá a primeira etapa.
Monoito da Volta a España’16 no concello de Cenlle que acollerá a primeira etapa.

Con catro etapas na primiera semana, Ourense será a protagonista da 71ª edición da Volta a España. Un fito que a Deputación quiso conmemorar coa colocación dun monolito nos concellos de Cenlle, Nogueira de Ramuín, Castrelo de Miño e Maceda, municipios polos que transcorrerá esta competición, así como no concello de Arnoia, onde se celebrará a gala de presentación dunha das probas ciclistas máis importantes do mundo.

Na mañá do 4 de agosto tocáballe o turno ao concello de Cenlle, municipio que será o escenario da saída desta competición, e que desde hoxe, conta cun monolito que lembrará este feito. Así o informou esta mañá en Laias, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto ao xerente do Inorde, Jose Manuel Rodríguez; e o alcalde do concello de Cenlle, Gabriel Alén.

Máis información da Volta na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button