Fiel á sua particular cita coa gastronomía, o Concello de Montederramo celebraba no mediodía do 12 de outubro (Día do Pilar) a XXIII edición a Fesa da Carne, un xantar ao que cada ano dende hai máis de dúas décadas asisten centos de persoas para degustar a exquisita carne de tenreira, en empanada, richada e ao caldeiro, ademais de bica, viño da Ribeira Sacra e licores.
Os festexos comenzaban pola mañá coa apertura dos postos da feira e a animación musical de dúas agrupacións: o grupo de gaitas Chimpa Figos de Montederramo, e a charanga Nova Terras de Trives, agrupación trivesa que coas súas festivas melodías e protexidos por vistosos chuvasqueiros, convidou a bailar aos veciños, malia a persistente chuvia outonal. E xa en torno ás 13 horas abríanse as portas da carpa para comezar o apartado gastronómico coa degustación do menú.
Fotos: Carlos G. Hervella