Ata ás 14h. do día 30 de xuño poderán presentarse traballos no concurso que vén de convocar o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei para seleccionar o cartel anunciador da XII Feira do Viño Monterrei. Esta mostra terá lugar os días 11, 12 e 13 de agosto en Verín.
Esta é a segunda ocasión na que se convoca este concurso, que está aberto a deseñadores, pintores e artistas que poden presentar un máximo de dúas obras inéditas. O formato único será de 43 x 63 cm (en posición vertical), e a obra poderá realizarse con calquera técnica pictórica, informática e fotográfica.
Segundo se informa dende o consello, concederase un único premio de 600 euros ao cartel ganador, que será seleccionado por un xurado conformado por personas relacionadas co mundo do arte e do deseño, así como polo presidente do Consello Regulador ou membros do pleno en que delegue e o alcalde de Verín e/ou personas nas que delegue.
Os traballos que se envíen ao concurso deberán ter soporte informático, en archivo .jpg o .png en alta resolución (mínimo 300 ppp). Deberán enviarse ao enderezo mail info@domonterrei.com ou entregarase na sede do C.R.D.O. Monterrei (Avda Luis Espada, 73 Baixo. Verín).