CulturaCulturaÚltima hora

MoreaShow presenta en Viana a súa obra “Alicia no país”

O grupo de teatro da asociación con sede no Barco actuará mañá, 9 de novembro, na Casa da Cultura
Unha escena de “Alicia no país” no Teatro Lauro Olmo do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

Unha serie de animais entre eles o coello, os xemelgos, Alicia, os reis, o sombrereiro, o trasno,… Un a un van aparecendo sobre o escenaio os personaxes dunha historia na que atopamos a unha protagonista cansada de vivir sempre as mesmas historias, de participar unha e outra vez na mesma festa. Do seu aburrimento xurde a necesidade de cambio, as ganas de romper con todo e comezar unha nova historia na que non falta a música.

Así é Alicia no país, unha sorprendente e divertida adaptación da obra de Lewis Carrol, dirixida por Gabriel Prada e protagonizada polo grupo de teatro MoreaShow (da AFEM Morea que traballa con persoas con enfermidade mental e cos seus familiares) que un mes despois de actuar no Barco de Valdeorras para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental, subirase ao escenario da Casa da Cultura de Viana do Bolo.

A representación será mañá, venres 9 de novembro, ás 20h.

Artigos relacionados

Back to top button