CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A mostra de malla e criba pon o broche ao Mercado Medieval

As localidades barquenses de Tremiñá e Veigamuíños regresaron ao medievo durante a fin de semana

Despois de dous días de actividades e a presenza de numerosos postos (de artesanía, gastronomía, téxtil, bixutería,…) o XIII Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuíños pechaba as portas na noite do domingo 10 de xullo. E facíao despois dun dos pratos fortes da xornada: a mostra de malla e criba por parte dun grupo de veciños.

Como en edicións anteriores, pasadas as oito e media da tarde a praza comezaba a encherse de público para asistir á demostración na que o canto dos mallos osaba ao ser golpeados por media ducia de veciños, organizados por turnos de tres. Con cada golpe íanse separando os grans que, unha vez rematada a malla, era cribado polas mulleres.

Na xornada de clausura desta edición da feira organizada polas Mulleres Rurais de Veigamuíños en colaboración co Concello do Barco de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos do mercado, no seguinte enlace:
https://osil.info/o-xiii-mercado-medieval-abre-portas-no-barco/

Artigos relacionados

Back to top button